Rostros do país: Miguel de Lira
Duración
0:00'
Confiesa que te gusta

Rostros do país: Miguel de Lira

Valoración de usuarios

5 4 3 2 1
3 12 votos

Sinopsis

Miguel de Lira é un dos actores máis populares da historia recente galega. El é o Currás da serie da TVG Mareas Vivas, o Cibrán da película da Esmorga, o fundador hai máis de 35 anos do Grupo teatral Chévere e tamén un dos creadores da Sala Nasa. Comezou no mundo da interpretación cando estudaba Dereito na Universidade de Santiago, a mediados dos 80, e desde aquela, os seus traballos axitan conciencias, fan política desde os escenarios, divirten e tamén deixan pouso. Tras pasar por varias etapas e diferentes lugares de residencia, Chévere ten o seu local de ensaio e parada na parte alta de Compostela. Alí, un mural realizado por Tristán Ron dalle vida á parede da entrada con debuxos que percorren a traxectoria do grupo. Diante del, Miguel de Lira senta nunha das butacas de Eroski Paraíso para atender a esta entrevista coa equipa de Nós Televisión. Con esta obra obtivo o premio Mestre Mateo ao Mellor Actor Protagonista no 2020.

Ver más

Info

  • Disponible en HD

Programa cultural

Calificación

Apto para todos los públicos

Equipo Técnico

Director

Nós Televisión