Rostros do país: Xulio Ferreiro
Duración
0:00'
Confiesa que te gusta

Rostros do país: Xulio Ferreiro

Valoración de usuarios

5 4 3 2 1
3 5 votos

Sinopsis

Xulio Ferreiro é un dos protagonistas da chamada primavera municipalista que alterou o panorama político galego en Maio de 2015. Maxistrado suplente na Audiencia Provincial de Lugo, decide volver a se implicar politicamente após o terremoto político e social que supuxo o movemento 15-M. Esta toma de partido lévao á alcaldía da Coruña, a cidade na que naceu e que gobernou durante catro intensos anos. Despois da derrota da Marea Atlántica nas eleccións municipais de 2019, Ferreiro non toma posesión como concelleiro. A finais dese mesmo ano anuncia o seu abandono da primeira liña da política e retoma a súa carreira profesional como docente. É decano e profesor titular de Dereito Procesual na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Nós Televisión reúnese con el alí para falarmos sobre a experiencia municipalista, a complexidade do espazo de En Marea e a visión que, como xurista, ten de algúns debates que se dan no presente.

Ver más

Info

  • Disponible en HD

Programa cultural

Calificación

Apto para todos los públicos

Equipo Técnico

Director

Nós Televisión