Logo Movistar Plus
Cantiga de amiga

Cantiga de amiga

Cantiga de amiga

Valoración de usuarios

5
4
3
2
1
3 17 votos
Suscribirme ahora

Incluido en el Plan Libre:

Cine y Series 4,99€

Sinopsis

‘Cantiga de amiga. O lesbianismo no reino medieval galego’ é un documental para paliar a falta de coñecemento que hai sobre a homosexualidade feminina en Galiza na Idade Media. Poñemos luz sobre a historia de Sancha Pérez e María Leve, que viviron en Compostela no século XIII, e que constitúen o único caso en toda a Europa en que se nos legou o nome dun casal lésbico, e mesmo a rúa en que moraron. Tamén conservamos unha cantiga "de amigo" en que unha muller fala do despeito por outra muller, polo que o máis correcto sería chamala "cantiga de amiga" (e de aí a orixe do título deste documental). E de sinalar son tamén varios cantares en que se fai referencia a relacións entre soldadeiras, e entre eses versos chaman a atención aqueles que están protagonizados dun xeito moi explícito por outra muller lésbica galega, que tamén coñecemos polo seu nome: María Mateu.

Ver más

Info

  • Disponible en HD

Historia

España (2026)

Calificación

Apto para todos los públicos

Equipo Técnico

Director

Nós Televisión