Logo Movistar Plus
O Vagón (T2): O Vagón, con Sés

TEMPORADA (T2)

O Vagón (T2): O Vagón, con Sés

O Vagón. T(T2). O Vagón (T2): O Vagón, con Sés

Valoración de usuarios

5
4
3
2
1
0 0 votos

Sinopsis

A invitada do 6º capítulo do videopodcast O Vagón canta aquí e canta na Habana, comezou admirando a condición e agora atopámola nadando na incerteza. E a quen non? Tronzou os valos co xenio destrozado para liberar as arterias e opúxose á extinción amosando raiba ó silencio. Todo sen deixar de aturar nunca tempestades de sal, a banda sonora de toda canta loita xusta se desenvolveu en Galicia nos últimos anos. Pero ela insiste: “tamén canto cancións de amor”. Será, polo menos, mentres quede corazón. A artista María Xosé Silvar, máis coñecida como SÉS, unha das voces máis representativas da música galega contemporánea, sobe a O Vagón, producido e realizado por Nós Televisión, presentado polo xornalista Luís Pardo e gravado no interior dun tren na Estación de Vedra. Este programa está patrocinado por Daveiga e conta co apoio de Gadis e a colaboración de Nuria Grandío (@konachadas) para a sección de preguntas na rúa.

Ver más

Info

Entretenimiento

España (2026)

Calificación

Apto para todos los públicos

Equipo Técnico

Director

Nós Televisión